A Oficina de Turismo de Allariz pecha ao público ata o 30 de xaneiro

A Oficina de Turismo de Allariz permanecerá pechada ao público desde o 7 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, ambos días incluídos, segundo informou o Concello.
Durante este período, para calquera consulta ou información turística, a veciñanza e as persoas visitantes poden recorrer á web municipal de turismo. O Concello agradece a comprensión ante este peche temporal.