A orquestra París de Noia pon fin a cinco días de festa para celebrar o Entroido de Ourense

OurenseXa
Tamén haberá charangas polo Casco Vello desde mediodía e unha degustación gratuita de orellas de entroido na Alameda
paris-de-noia-orquestra
17 Feb 2026

Ourense pechará este martes 17 de febreiro as celebracións do Entroido 2026 cunha xornada de actividades musicais e festivas que se desenvolverán desde mediodía ata a noite. A despedida oficial do Entroido 2026 será mañá, mércores, co tradicional Enterro da Sardina.

Este martes, desde as 12:00 horas e ata as 17:30 horas, diferentes charangas percorrerán o Casco Vello, comezando coa sesión vermú e animando as rúas durante toda a tarde.

Ás 17:00 horas celebrarase unha actividade infantil na Praza de Santa Eufemia, que incluirá maquillaxe, un concerto con DJ Tibu e o reparto de caramelos. Ás 18:30 horas haberá unha degustación gratuita de orellas de Entroido na Alameda, e ás 19:00 horas actuará a Orquestra París de Noia na mesma praza, pechando así cinco días de festa por todo o alto.

⚙ Configurar cookies
0.093004941940308