A ourensá Támara Echegoyen será abandeirada de España nos Xogos Olímpicos de París

OurenseXa
"É unha auténtica honra para a cidade que unha ourensá sexa a abandeirada nun evento tan importante, prestixioso e de tanta repercusión internacional como son os Xogos Olímpicos", destaca o alcalde
Támara Echegoyen
26 Jun 2024

O Concello de Ourense celebra a proposta realizada polo Comité Olímpico Español de que a deportista ourensá Támara Echegoyen sexa a abandeirada de España nos Xogos Olímpicos de París 2024.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, manifestou que “é unha auténtica honra para a cidade que unha ourensá sexa a abandeirada nun evento tan importante, prestixioso e de tanta repercusión internacional como son os Xogos Olímpicos, e unha inmensa ledicia para todos, máis aínda tendo en conta que a proposta vén dunha entidade como o Comité Olímpico Español, presidida por un ourensán, Alejandro Blanco”

A figura de Támara Echegoyen, campioa olímpica, mundial e europea, nacida en Ourense, “é un orgullo para unha cidade modesta en poboación, que ten nela un modelo e un referente de que tamén as cidades modestas poden ter a súa oportunidade”. A regatista ourensá asegurou, “é tamén un símbolo de que unha persoa de calquera provincia pode chegar a acadar unha honra tan grande coma esta”.

A ledicia pola proposta de que a deportista ourensá sexa a abandeirada de España, súmase á de que Ourense fose a cidade elixida pola selección española de hóckey herba, que adestra o tamén ourensán Carlos García Cuenca, para preparar a súa participación nos Xogos de París nunha concentración que tivo lugar en Ourense.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18326807022095