A Panorama actuará o 31 de outubro en Ourense
OurenseXa
O Concello de Ourense avanza a programación para festexar o Samaín
15 Oct 2024
A orquestra Panorama actuará en Ourense o 31 de outubro, tal e como vén de anunciar o propio alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome.
Polo de agora, descoñécense o resto de actividades programadas para esta data, que previsiblemente contará como en anos anteriores co tradicional desfile e actividades para os pequenos e pequenas da cidade.
Na edición do ano pasado, preto de 300 actores e actrices animaron as rúas da cidade que contaron, incluso, cun túnel do terror, talleres de cabazas e maquillaxe para a cativada e actuacións musicais como a do grupo Barón Rojo.