A París de Noia chega esta noite ás Festas de San Francisco

OurenseXa
O domingo será o turno da orquestra Origen
Orquestra París de Noia
Orquestra París de Noia
5 Out 2024

As Festas de San Francisco, que arrancaron esta pasada noite coa actuación de Gramola DJ, acollen este sábado o seu “día grande” coa actuación da orquestra Panorama, que arrancará ás 23.30 horas e non rematará ata ás 2.30 horas da madrugada. Ademais, desde o Concello de Ourense, que colabora cos festexos, lembran que despois haberá un DJ para continuar coa festa.

Na xornada do domingo, os encargados de poñer a música serán os membros da orquestra Origen, que actuará a entre as 19.00 e as 22.00 horas, pechando esta útima edición das Festas de San Francisco. Ademais, durante toda a fin de semana haberá atraccións para os máis cativos.

Desde o Concello lembran que a celebración dos festexos obrigará a manter activas as restricións de tráfico no barrio desde as 16.00 horas tanto sábado como domingo. As vías de circulación alternativas serán as rúas Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia.

0.13073301315308