A partir deste martes os usuarios do Ximnasio Municipal de Amoeiro deberán inscribirse para usar as instalacións

O novo Ximnasio Municipal de Amoeiro, situado no Pavillón de Deportes, estará aberto a partir deste martes todos os días do ano entre as 9.30 e as 23.00 horas. Logo dun mes de proba, o Concello avisa de que, a partir do 1 de abril, os usuarios que queiran facer uso das novas instalacións deberán inscribirse obrigatoriamente e pagar a taxa correspondente.
As inscricións, que están abertas tanto para persoas empadroadas no Concello como para a cidadanía en xeral, poden formalizarse no propio Ximnasio Municipal e o pagamento realizarase na Oficina de Recadación de Amoeiro.