A piscina Rosario Dueñas acollerá o Campionato Galego de Inverno de Natación Artística

OurenseXa
Máis de 120 deportistas de 7 clubs galegos participarán nestas xornadas que terán lugar os próximos 17 e 18 de febreiro
Campionato_Galego_de_Inverno_Ourense
Cartel do Campionato Galego de Inverno de Natación Artística
9 Feb 2024

O Club Natación Sincro Ourense e a Federación Galega de Natación, en colaboración co Consello Municipal de Deportes e do Concello de Ourense, organizan a fin de semana dos días 17 e 18 de febreiro o Campionato Galego de Inverno de Natación Artística, na piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios. Terá lugar en 4 sesións de mañá e tarde. Pola mañá darán comezo ás 9:30 horas e pola tarde ás 15:00 horas.

A presentación tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ourense, e contou coa asistencia de Beatriz Montes, directora técnica do club; Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense; Alba Lojo, vicepresidenta do Club Sincro Ourense, e Aníbal Pereira, concelleiro de Deportes.

Participarán máis de 120 deportistas de 7 clubs galegos das categorías alevín, infantil, júnior e sénior.

0.19570088386536