A piscina termal das Burgas continúa pechada tras catro anos
“A piscina termal das Burgas continuará pechada, polo menos, tres meses máis”, foron as palabras do alcalde de Ourense a principios do mes de xuño. Un dato que constátase a día de hoxe, cando as instalacións, pese a ter agua dende fai xa varios meses, continúan pechadas.
É un dos principais atractivos turísticos da cidade, e un dos lugares máis apreciados polos veciños e veciñas de Ourense que, a día 10 de outubro de 2024, continúan sen poder gozar desta piscina termal situada en pleno centro da cidade.
A piscina permanece pechada desde o ano 2020, tras o estalido da Pandemia. Posteriormente e pola necesidade de adaptar as instalacións á nova lexislación, o Concello viuse obrigado a iniciar unhas obras que non chegaron a comezar ata xullo do pasado ano que serían que haber rematado nun prazo de cinco meses. Sen embargo, as instalacións continúan pechadas.
O malestar entre a veciñanza aumenta co paso do tempo, mentres que os grupos da oposición do Concello de Ourense manifestaron en repetidas ocasións o seu malestar por este feito, especialmente no tocante á súa repercusión no turismo. “Isto é o que lle importa ao alcalde potenciar a nosa cidade e aproveitar os recursos naturais cos que conta”, afeabanlle dese o PP ao alcalde tras facer público o novo retraso dos traballos.
Pouco despois, os socialistas advertían de que contratara unha empresa de publicidade, Gallaecia Broadcast SL, para facer o estudo de viabilidade económica financieira para a xestión do complexo termal das Burgas, a mesma empresa que xa fora escollida en outras ocasións, a través de contratos menores, para levar a cabo tarefas como un informe que xustificase a compra de novos autobuses(no canto de licitar de maneira completa o servizo de transporte urbano) ou poñer en marcha a atención telefónica a persoas maiores da cidade.