A pista de pádel de Xunqueira de Espadanedo comeza a funcionar

O pasado mes de novembro, o Concello de Xunqueira de Espadanedo levou a cabo a instalación dunha pista de pádel descuberta e de uso público para os veciños e veciñas. A instalación foi posible grazas a unha subvención nominativa da Deputación Provincial de Ourense, que investiu un total de 47.150 euros na execución dos traballos.
A partir de agora, a pista está aberta para o uso de toda a veciñanza que poderá realizar as reservas a través da páxina web do Concello. As instalación teñen capacidade para 4 persoas e os menores de 12 anos deberán estar acompañados dun adulto. O prezo para as reservas será de 4 euros e poderá usarse durante dúas horas.