A Policía Local informa do dispositivo de tráfico pola celebración das Festas de Barrocás
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico pola celebración, esta fin de semana, das Festas de Barrocás
A rúa José Antonio Nieves Conde pecharase ao tráfico hoxe mércores, ás 18.00 horas, para realizar a montaxe das atraccións festivas. Pecharase o acceso de vehículos desde as rúas Serra de San Mamede e Berrocás e o acceso a garaxes habilitarase desde a rotonda da rúa Carlos Velo con Ramón Puga. A rúa permanecerá pechada ao tráfico tamén desde o sábado 16 até o luns 18, para a celebración das festas.
A rúa Chano Piñeiro, no tramo comprendido entre as glorietas de Chano Piñeiro e Carlos Velo permanecerá pechada ao tráfico o venres 15, o sábado, 16 e o domingo 17, a partir das 15.00 horas. Habilitarase o dobre sentido de circulación para o acceso ás cocheiras por parte dos residentes en dous puntos: nos carrís da rúa Chano Piñeiro que van en sentido á rúa Serra do Eixe, e na glorieta da rúa Carlos Velo. O tramo pecharase totalmente ao tráfico o venres 15 desde as 21.00 horas, o sábado 16 desde as 19.00 horas, ata a finalización do evento, e o domingo, 17, desde as 17.00 horas ata a finalización do evento.