A Praza do Santo Cristo estará pechada ao tráfico desde este luns

OurenseXa
Os traballos están previstos ata o vindeiro 8 de xullo
Policia_Local_Ourense
Policía Local
16 Jun 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a Praza do Santo Cristo estará pechada ao tráfico desde este luns, 17 de xuño, até o día 8 de xulllo pola realización de obras de reparación do pavimento, que executará a Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense.

O Concello de Ourense ten a disposición da cidadanía a plataforma GISou, na que os interesados poden confirmar o estado do tráfico dentro da cidade en tempo real.

0.1541109085083