A presidenta do Consello do Estado, Carmen Calvo, pon en valor o labor do Campus de Ourense en materia de igualdade

OurenseXa
“O feminismo está na primeira liña de combate dos dereitos humanos agora mesmo”, destacou
carmen-calvo-ourense
Carmen Calvo durante unhas xornadas no Campus de Ourense
6 Nov 2024

A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense acolleu este martes a celebración dunhas xornadas centradas nos dereitos sexuais, e concretamente a explotación sexual de nenas e mulleres, que contou coa participación da presidenta do Consello do Estado, Carmen Calvo.

Calvo subliñou que “a prostitución é unha escravitude histórica, non un oficio” e avogou pola súa abolición, e puxo en valor no compromiso da institución académica coa loita pola igualdade.

“O feminismo está na primeira liña de combate dos dereitos humanos agora mesmo”, destacou na súa intervención. “Na loita contra esta explotación temos que pelexar en moitas frontes porque hai propostas aparentemente modernas, progresistas, que din que a prostitución pódese regular, que os ventres de aluguer son solidariedade, e iso non é verdade á luz de principios éticos. Os nosos corpos son nosos e non se poden nin partir nin mercar nin vender”, sinalou de forma contundente.

0.18943905830383