A primeira edición do Entroido de Verán chega ao barrio da Ponte

OurenseXa
A Asociación Frei Canedo da Ponte organiza por primeira vez este evento que espera ser todo un éxito de asistencia e que contará con actividades ao longo de todo o día
Entroido de Frei Canedo, 2024
15 Xuño 2024

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte organiza este sábado, 15 de xuño, a primeira edición do Entroido de Verán de Ponte Canedo. O evento, que espera ser todo un éxito, contará con numerosas actividades ao longo do día, tendo o seu epicentro no campo da feira.

A nova iniciativa está pensada para “impulsar un evento que agardamos teña continuidade no tempo e se converta nun novo referente no barrio da Ponte e na cidade de Ourense. Agardamos que esta primeira edición sexa un éxito total e que o barrio da Ponte se converta nun dos referentes dos entroidos de verán a nivel provincial e autonómico”, afirman dende a directiva

Programa completo do Entroido de Verán de Frei Canedo:

  • 11.00 horas. Pasarrúas polo barrio da Ponte onde os cofrades e as cofradesas percorrerán as rúas acompañados polo ilustre Frei Canedo e coa actuación musical de Cantares da Cuña, que se encargará de amenizar a mañá.
  • 12.00 horas. Inicio da sesión vermú, que contará coa actuación musical do Dúo Millenial, no campo da feira. Ademáis, a partir do mediodía comenzarán as actividades para os cativos.
  • 14.00 horas. Xantar popular e food trucks.
  • 17.00 horas. Festa da escuma.
  • 18.00 horas. Xincana para adultos e pasarrúas.
  • 20:00 horas.  Gran baile de disfraces
  • 21:00  horas. Concurso de disfraces en modalidade individual e grupal (mínimo 3 persoas)
  • 22:00 horas. Festa a cargo de varios djs.

 

0.18312478065491