A Queima das Madamitas ocasionará restricións de tráfico no centro de Ourense este domingo

As actividades de celebración da festividade de San Lázaro farán necesario pechar ao tráfico o domingo, 6 de abril, a rúa Curros Enríquez, fronte á Subdelegación do Goberno, no treito comprendido entre a rúa do Paseo e a Avenida da Habana. O corte será desde as 12.00 horas até que remate a queima das madamitas.
Tamén se pechará no mesmo horario, a rúa Concello, no treito que vai desde Xoán XXIII até o Parque de San Lázaro, desviándose a circulación de vehículos a través de Xoán XXIII.