A reforma do Xardín do Posío arrancará a principios de febreiro
OurenseXa
As obras contarán cun orzamento de 2,5 millóns de euros e incluirán a reforma integral do espazo
Xardín do Posío, Ourense
27 Jan 2025
A reforma integral do Xardín do Posío comezará a segunda semana de febreiro, tal e como o confirmou o propio alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. As obras contan cun orzamento 2,5 millóns de euros e incluirán a reforma integral do espazo, incluíndo a cafetería.
Ademais, tamén a principios de febreiro, o Concello ten previsto iniciar as obras de humanización da rúa Alejando Pedrosa, no barrio do Vinteún, cun orzamento de preto de 3 millóns de euros. Será, segundo afirma o alcalde, “a maior obra municipal do Concello de Ourense despois da rúa Concordia”.