A rúa Blanco Amor será de sentido único a partir o luns
Coa finalidade de mellorar a seguridade viaria na contorna do instituto das Lagoas, desde o vindeiro luns, día 25 de marzo, procederase á modificación do tráfico rodado na rúa Eduardo Blanco Amor. Esta vía pasará a ser dun só sentido de circulación, o descendente, é dicir, desde a rúa Alfonso Rodríguez Castelao en dirección á rúa Mestre Vide. Tamén se acondicionará un paso peonil fronte ao instituto e unha parada exprés na rúa coa finalidade de atender as necesidades de condutores e condutoras de vehículos, garantindo ao mesmo tempo a fluidez na rotación de estacionamento.
Con estas medidas, o Concello quere atender as demandas trasladadas desde o IES AS Lagoas, que solicitaban medidas para favorecer a seguridade viaria na contorna deste centro educativo.
A Policía Local solicita a colaboración de todas as persoas usuarias da vía, tanto viandantes como condutoras de vehículos, e que respecten a nova sinalización vertical e horizontal.