A rúa Concordia estará pechada ao tráfico este venres por traballos de mantemento do firme

O Concello de Ourense informa de que este, venres 30 de xaneiro, a rúa Concordia permanecerá pechada ao tráfico de maneira temporal no tramo que conecta coa rúa do Paseo
Corte está motivado polos traballos urxentes de mantemento no firme, centrados na reparación de lousas de pedra deterioradas, co obxectivo de mellorar a seguridade da circulación e o tránsito peonil.
A restrición ao tráfico estará vixente desde as 08.00 ata as 11.00 horas, aínda que se prevé a reapertura da vía tan pronto como rematen os traballos. Desde o Concello recomendan ás persoas condutoras que utilicen itinerarios alternativos durante o tempo que dure a actuación e agradécen a colaboración cidadá.