A rúa Curros Enríquez permanecerá pechada ao tráfico este venres

OurenseXa
O peche levarase a cabo antes das 20.00 horas, no tramo comprendido entre Xoán XXIII e a Avenida da Habana
rua_curros_enriquez
Rúa Curros Enríquez, Ourense
8 Mar 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa que a celebración da manifestación do 8M, Día Internacional das Mulleres, requirirá pechar ao tráfico, este venres, 8 de marzo, a rúa Curros Enriquez.

O peche levarase a cabo antes das 20.00 horas, no tramo comprendido entre Xoán XXIII e a Avenida da Habana (fronte á Subdelegación de Goberno). Os autobuses urbanos desviaranse por Xoán XXIII - Avenida da Habana e Curros Enríquez.

 

0.1455020904541