A rúa Emilia Pardo Bazán suma unha nova parada de autobús

OurenseXa
Estará situada fronte ao Auditorio e comeza a operar este xoves
autobuses-urbanos-concello-ourense
15 Jan 2026

O Concello de Ourense porá en funcionamento desde este xoves, 15 de xaneiro, unha nova parada do servizo de autobuses urbanos na rúa Emilia Pardo Bazán, situada fronte ao Auditorio Municipal.

A nova parada dará servizo aos autobuses que circulan en sentido á residencia sanitaria das liñas 6, “Antiga Estación de Autobuses – As Curuxeiras”; 8, “Alameda – A Milagrosa – Residencia”; e 13, “Universidade Laboral (A Cuña) – Palmés”.

⚙ Configurar cookies
0.08014702796936