A rúa Marcelo Macías reabre ao tráfico este venres

Desde esta mañá, a rúa Marcelo Macías volve estar aberta na súa totalidade ao tráfico de vehículos unha vez rematadas as obras de reparación do pavimento no seu cruzamento con Martínez Sueiro executadas durante esta semana. Estes traballos mantiveron pechado o treito da rúa comprendido entre a intersección con Vázquez Núñez e a rotonda de acceso desde a Nacional 525.
As obras tiñan por obxecto subsanar as deficiencias detectadas no proxecto de reforma da rúa executado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas: un afundimento cun burato na intersección de Marcelo Macías con Martínez Sueiro. As obras atobábanse en garantía e foron executadas pola empresa construtora que realizou a dita reforma.