A rúa Pena Trevinca reabrirá provisionalmente ao tráfico este martes

OurenseXa
A vía leva cortada desde o pasado 26 de xaneiro tras o afundimento de gran parte do firme
pena-trevinca-ourense-fochanca
13 Apr 2026

O Concello de Ourense informa de que mañá martes, día 14 de abril, ás 8.00 horas, procederase á apertura provisional do tráfico na rúa Pena Trevinca. A vía contará con dous carrís de circulación habilitados (un de subida e outro de baixada), mentres se continúan executando as obras de reparación das beirarrúas.

A rúa, unha das máis transitadas da cidade, leva pechada ao tráfico desde o pasado 26 de xaneiro, cando gran parte do firme afundiuse provocando unha fochanca de gran tamaño que impediu completamente a circulación. O afundimento, explicaron nese momento desde o Concello, foi motivado polas intensas choivas rexistradas durante os temporais do mes de xaneiro, maila que a veciñanza asegura que levaban tempo advertindo de grietas na calzada.

0.12908697128296