A rúa Xosé Luis López Cid pasará a ser de sentido único a partir deste xoves

A rúa Xosé Luis López Cid, no barrio da Ponte, pasará a ser de sentido único a partir do xoves 5 de marzo. A reordenación viaria permitirá crear 30 novas prazas de aparcadoiro, optimizando o uso do espazo nunha zona de alta demanda.
O cambio de configuración da vía, que deixará de ser de dobre sentido, posibilita redistribuír as liñas de estacionamento de forma máis eficiente, habilitando prazas adicionais que antes eran imposibles debido á necesidade de manter espazo suficiente para o paso simultáneo de vehículos en ambos os sentidos.
Esta actuación enmárcase no plan de mellora da mobilidade urbana do Concello de Ourense, que busca facer os barrios máis accesibles e funcionais. Segundo a administración local, “ganar 30 prazas de aparcadoiro nunha soa rúa é unha excelente noticia para a calidade de vida do barrio” e, ademais, “o sentido único elimina os puntos de conflito e as retencións que se producían cando dous vehículos non podían pasar ao mesmo tempo, aumentando así a seguridade de peóns e condutores”.
Os traballos de sinalización e pintado das novas prazas realizaranse nos próximos días, de xeito que a reorganización estea operativa o xoves 5 de marzo.