A San Silvestre Ourensá pecha as inscricións con 2.401 participantes

OurenseXa
A proba, unha das citas máis esperadas do Nadal, cumpre o seu décimo aniversario despedindo o ano na cidade
san-silvestre-ourense
29 Dec 2025

O Club Ourense Atletismo e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organizan o mércores, 31 de decembro de 2025 a “X Carreira Popular San Silvestre Ourensá”, que este ano pechou as inscricións con 2.401 participantes persoas anotadas.

A proba contará con tres categorías: Pitufos (16:00 horas), Sub10, Sub12 e Sub14 (16:15 horas), e Absoluta (16:30 horas), con saída desde a rúa do Paseo, xunto á Subdelegación de Defensa. Ademais, un autobús musical animará o inicio da carreira e as luces da rúa do Paseo estarán acendidas durante o percorrido para crear ambiente festivo.

⚙ Configurar cookies
0.08132004737854