A sede da CEO acolleu a presentación oficial do 58º Rally de Ourense

OurenseXa
A proba chegará este a ano a A Arnoia, Ribadavia, Cenlle e San Amaro, Celanova, Toén, Taboadela, Amoeiro e A Merca
presentacion-58-rally-ourense
Presentación oficial do 58 Rally de Ourense
4 Jun 2025

O presidente provincial, Luis Menor, presentou no día de hoxe a edición número 58 do Rally de Ourense, que se celebrará ao longo da fin de semana do 13 e 14 de xuño. A proba chega a catro novos concellos, A Arnoia, Ribadavia, Cenlle e San Amaro, ademais de Celanova, Toén, Taboadela, Amoeiro e A Merca que repiten este ano na folla de ruta.

Durante o acto Menor manifestou que “o Rally de Ourense leva 58 edicións forxándose como un dos nosos grandes tesouros no ámbito do patrimonio deportivo e turístico” e rememorou como aqueles visionarios como “Lalao” (Estanislao Reverter), Alfonso Bouzo, J. Luis Outeiriño, Emilio Pérez ou Antonio Fraga, entre outros, decatáranse no 1967 do potencial que tiñan entre as mans e organizaran a primeira edición.
Durante o acto, Luis Menor reivindicou que “o Rally de Ourense é provincia, moito mais que un evento deportivo, é parte da nosa identidade”, destacando que este é un dos grandes motivos polo que “a Deputación de Ourense sempre estará ao seu carón”.

Luis Menor aproveitou para agradecer á Escudería Ourense e a todos os patrocinadores e colaboradores o seu empeño en “manter un evento que nos enche de orgullo a todos os ourensáns” e lembrar que os representantes das institucións “seguiremos contribuíndo a engrandecer a pegada do Rally de Ourense”.

⚙ Configurar cookies
0.17247486114502