A Selección española sub-18 de hockey concéntrase no campo de Mariñamansa

OurenseXa
Trátase dunha actividade dentro do Plan de Fomento de Hockey Feminino da Federación Galega de Hockey para xerar o interese por esta disciplina deportiva entre as nenas
seleccion-española-hockey-ourense
Concentración da Selección española sub-18 de hockey en Ourense
13 May 2025

O presidente provincial, Luis Menor, visitou á Selección española sub-18 feminina de hockey, que desenvolve unha concentración (‘stage’) no campo de Mariñamansa ata o próximo 14 de maio. Trátase dunha actividade dentro do Plan de Fomento de Hockey Feminino da Federación Galega de Hockey para xerar o interese por esta disciplina deportiva entre as nenas.

Dentro da selección, atópanse as xogadores galegas Carlota Álvarez, Yurena Veloso e Lidia Fernández; ademais do técnico da selección, Jose Luis Sánchez Rama.
Por outra banda, a Deputación ten en marcha a segunda fase do Plan de Fomento Hockey, no que nenos e nenas de toda a provincia realizan actividades lúdicas, xogos, charlas e partidos de iniciación ao hockey, guiados por monitores especializados da Federación Galega de Hockey.

Luis Menor aproveitou para reivindicar o compromiso da Deputación co fomento do deporte, e, en especial, co deporte base.

⚙ Configurar cookies
0.033236026763916