A Sociedade de Pesca Alaricana organiza unha xornada de limpeza no río Arnoia

OurenseXa
Será o vindeiro domingo, 9 de marzo
xornada-limpeza-rioi-arnoia-allariz
3 Mar 2025

A Sociedade de Pesca Alaricana organiza unha xornada de limpeza das marxes do río Arnoia co obxectivo de contribuír a un medio ambiente máis limpo e manter este espazo natural en condición axeitadas.

Terá lugar o vindeiro domingo, 9 de marzo, e o punto de quedada será ás 10.00 horas na entrada da Alameda. Dende a organización e dende o propio concello convidan a participar neste encontro para lograr a un río Arnoia máis limpo, e lembran que o único requisito para participar será levar roupa e calzado axeitado.

⚙ Configurar cookies
0.11879992485046