A Subdelegación do Goberno coordina a seguirdade con motivo do paso de ‘O Gran Camiño 2026’ pola provincia de Ourense

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A proba celebrarase o vindeiro 17 de abril, cun percorrido entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo
xunta-seguridaade-o-gran-camiño-ourense
8 Apr 2026

A Subdelegación do Goberno en Ourense acolleu hoxe unha xunta de seguridade co obxectivo de coordinar o dispositivo especial que se despregará con motivo da celebración da competición ciclista O Gran Camiño 2026, que contará cunha etapa raíña na provincia o vindeiro 17 de abril, cun percorrido entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo.

A reunión estivo presidida polo secretario xeral da Subdelegación do Goberno en Ourense, Manuel Arias Carral, e nela participaron o director xeral da proba, Ezequiel Mosquera, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, así como representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Xunta de Galicia, dos servizos de emerxencias e dos concellos polos que discorrerá a carreira.

O encontro serviu para coordinar a actuación de todos os dispositivos implicados, co fin de garantir o correcto desenvolvemento da proba e a seguridade tanto dos participantes como do público asistente, asegurando que a competición se poida celebrar con normalidade ao longo do seu percorrido pola provincia.

0.14982795715332