A Subdelegación do Goberno de Ourense presenta o programa para conmemorar o 25N

OurenseXa
O acto central será o propio martes, 25 de novembro, coa lectura do manifesto
subdelegacion-ourense-25n
20 Nov 2025

A Subdelegación do Goberno en Ourense organizará diversas actividades para celebrar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A cita central será o martes 25 de novembro, cando terá lugar na Subdelegación un acto institucional aberto á ciudadanía.

Durante o acto, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, dará lectura do manifestó, mentres que o Círculo Poético Ourensán ofrecerá un recital de poesías e o dúo Lorena e María protagonizará unha actuación musical.

Como complemento, o 27 de novembro pola mañá celebraranse no Liceo de Ourense unhas xornadas formativas. Tras a introdución do subdelegado, a maxistrada Paz Filgueira, especialista en Violencia sobre a Muller, impartirá a conferencia “Retos na loita contra a Violencia de Xénero. Especial referencia aos menores. Balance sobre protección de muller e menores”.

A continuación, desenvolverase a mesa redonda “Tipos de violencias sexuais. ONVIOS. Protocolos de intervención e seguridade a vítimas de violencias sexuais. Centro de Crise 24”, coa participación do inspector xefe da UFAM da Policía Nacional, Carlos Vázquez; o sarxento xefe da Policía Xudicial da Garda Civil, Luis Ángel Veloso; e a coordinadora do Centro de Crise 24 horas, Nuria Fernández.

Desde a Unidade contra a Violencia sobre a Muller animan a asistir a profesionais dos Centros de Información á Muller, Forzas e Corpos de Seguridade, membros de colexios profesionais, traballadores do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, persoal da Universidade de Vigo, da Xunta e concelleiros da provincia, aínda que a formación está aberta a calquera persoa interesada. A inscrición pode realizarse ata o 24 de novembro.

Ademais destas actividades, a Subdelegación do Goberno exhibirá na súa fachada unha pancarta en apoio ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, como símbolo do seu rexeitamento a toda forma de violencia machista.

⚙ Configurar cookies
0.076363086700439