A subdelegación do Goberno organiza unha ampla programación para celebrar os 50 anos de España en liberdade

OurenseXa
A programación está composta por catro mesas redondas, dúas conferencias, unha obra de teatro e a entrega de premios do Concurso da Constitución
eladio-santos
12 Nov 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presentou hoxe a programación impulsada pola Subdelegación do Goberno e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade, que esstá composta por un total de oito actos que terán lugar do 15 de novembro ao 6 de decembro

O programa convida á reflexión sobre a ditadura e os avances vividos no país en medio século a través dun ciclo de debate, unha obra de teatro e o acto de entrega de premios do 41º Concurso da Constitución. O ciclo de debate está composto por catro mesas redondas e dúas conferencias, que terán lugar no centro cultural José Ángel Valente, con relatores de primeiro nivel como Diego López Garrido, Xosé Luis Barreiro Rivas, Anabel Díaz, Ramón Jáuregui, Ana Pardo de Vera, Fernanda Tabarés, Carmen Calvo, Juan Tallón, Pilar García Negro, Manuel Bragado e Dores Tembrás.

“Esta iniciativa nace ca vontade de dar a coñecer o noso pasado recente; reflexionar sobre o camiño percorrido nestes 50 anos de liberdade e celebrar todo o que construímos como sociedade”, destacou o subdelgado,

Pola súa parte, a comisionada para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade, Carmina Gustrán, salientou que “celebrar medio século de liberdade é tamén celebrar a pluralidade que nos define como país”. “España é un Estado diverso, rico en territorios, linguas, tradicións e expresións culturais. Por iso, ten sentido que o programa conmemorativo sexa descentralizado, para que cada recuncho do noso país participe e aporte a súa voz a esta celebración dos valores democráticos que compartimos”, resaltou Gustrán.

PROGRAMACIÓN

  • A Transición. Historia dun éxito colectivo (sábado, 15 de novembro. 12:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Diego López Garrido, Xosé Luis Barreiro Rivas e Anabel Díaz.
  • Dez claves sobre a Transición (martes, 18 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Ramón Jáuregui.
  • Os medios de comunicación social na España democrática (mércores, 19 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Ana Pardo de Vera e Fernanda Tabarés.
  • 50 anos de feminismo, 50 anos de liberdade (venres, 28 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Carmen Calvo.
  • Lingua, educación e liberdade, o galego na construción da democracia (luns, 1 de decembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Juan Tallón, Pilar García Negro, Manuel Bragado e Dores Tembrás.
  • Raíces e futuro: medio século de economía sostible en Ourense (Xoves, 4 de decembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente).
  • Representación teatral Flores de España de Los Sueños de Fausto (Venres, 5 de decembro. 21:00 horas. Teatro Lauro Olmo. O Barco).
  • Gala de entrega de premios do 41º Concurso da Constitución (Sábado, 6 de decembro. 12:00 horas. Auditorio Municipal de Ourense).
⚙ Configurar cookies
0.079390048980713