A Subdelegación do Goberno retomará a colaboración coa Coral de Ruada

OurenseXa
Así mesmo, acordouse establecer unha canle de comunicación directa ente ambas entidades
0FB94E7B-5044-4EBC-9963-E7FEBFBD23C9
Eladio Santos, Fátima María Malingre y José Manuel Vázquez
23 Oct 2024

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, recibiu este martes á presidenta e vicepresidente da Coral de Ruada, Fátima María Malingre e José Manuel Vázquez.

Esta emblemática agrupación folclórica ourensá suma máis de 100 anos de historia, sendo un referente na defensa da cultura musical galega. Integrada polo coro, sección vocal, instrumental e grupo de teatro, a Coral de Ruada participa de xeito habitual en certames de ámbito nacional e internacional.

O subdelegado do Goberno aproveitou esta visita para felicitar á agrupación logo de recibir o Premio Otero Pedrayo pola súa ampla traxectoria e recoñeceu a gran aportación da Coral de Ruada á cultura musical da nosa provincia, levando o nome de Ourense por todo o mundo. Ademais, comprometeuse a achegarse ao seu local de ensaio.

Pola súa banda, os integrantes da formación trasladáronlle o seu agradecemento pola recepción e agardan que se retome a colaboración que se realizaba anteriormente coa Subdelegación do Goberno. En canto a esta petición, Eladio Santos adiantou que agarda que se recupere de cara o mes de marzo, coincidindo cos actos conmemorativos do Día da Muller.

Así mesmo, nesta reunión acordouse establecer unha canle de comunicación directa para que, como entidade cultural, a Coral de Ruada reciba información de convocatorias de axudas procedentes dos distintos ministerios.

0.1480278968811