A terceira edición do "Barbadás Gaming" comeza a vinderia semana

OurenseXa
Este evento gratuito de videoxogos terá lugar entre o 25 e o 27 de marzo na Casa da Mocidade de Barbadás
barbadas_gaming
Barbadás Gaming
18 Mar 2024

O Concello de Barbadás celebra a terceira edición do "Barbadás Gaming", un vento gratuíto de videoxogos que terá lugar na Casa da Mocidade de Barbadás durante as vacacións de Semana Santa.

Durante tres días as persoas que asistan poderán competir en torneos, asistir como público ás competicións e xogar aos seus videoxogos favoritos en consolas PS5 como FIFA, League of Legends, Fornite, etc.

A cita arrancará o vindeiro luns, 25 de marzo, e extenderase ata o mércores 27 de marzo, en horario de mañá, entre as 11.00 horas e as 14.00 horas, e de tarde entre as 16.00 horas e as 20.00 horas.

0.17248201370239