A UNED de Ourense inaugura un novo curso

OurenseXa
A institución celebrou un acto inaugural no Centro Cultural Marcos Valcárcel para dar inicio ao curso 2025/2026
novo-curso-uned-ourense
23 Oct 2025

A UNED de Ourense inaugurou este mércores un novo curso cun acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel que contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernádez Gil, entre outros representantes municipais.

O delegado da Xunta aproveitou a ocasión para salientar o papel desta institución moi consolidada na cidade a prol da educación e a formación da sociedade. “A UNED foi e é para moitas persoas unha porta aberta á formación e o coñecemento que lles permite, que nos permitiu, compaxinar a vida laboral e os estudos superiores cun dobre labor; o enriquecemento intelectual persoal e a opción á mellora no ámbito do traballo”, destacou.

Pardo recoñeceu o papel da UNED como unha “aliada” na construción dunha provincia e unha Galicia “máis cohesionada, culta e preparada para o futuro” e animou a seguir estreitando lazos de colaboración para xerar oportunidades.

Ademais, fixo fincapé no labor esencial desenvolvido “os avances sociais e políticos, a necesidade de formarse para acceder ao mundo laboral, a falta de sistemas convencionais adaptados para os cambios da vida actual e o imparable crecemento das ciencias da educación e da tecnoloxía fixeron posible o desenvolvemento da educación a distancia en todo o mundo”.

Deste xeito, reivindicou, así mesmo, o valor da educación como a porta de futuro da mocidade tanto a nivel profesional como persoal e destacou a importancia da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) “que posibilita a convivencia do rural e o universitario, crucial para contornas como a galegas e ofrece aos alumnos igualdade de oportunidades para acceder aos estudos”.

⚙ Configurar cookies
0.2129590511322