A UVigo destina axudas por valor de 26.000 euros para os alumnos ourensáns de fora da cidade
OurenseXa
A iniciativa, na que colabora a Deputación de Ourense, pretende facilitar a realización dos estudos universitarios aos estudantes que vivan no rural
Campus de Ourense
12 sep 2024
A Universidade de Vigo pon a disposición do alumnado ourensán un total de 26.000 euros en axudas á mobilidade destinados a aqueles estudantes do Campus de Ourense que non vivan na cidade e que estean empadroados en concellos rurais da provincia de Ourense.
A iniciativa nace dunha colaboración entre o Consello Social da UVigo e a Deputación de Ourense, e forma parte do compromiso da institución académica co rural.
Dende a universidade explican que esta medida pretende atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais de grao para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.