A UVIgo e o Concello de Allariz organizan cursos de formación universitaria gratuítos para maiores

A Universidade de Vigo e o Concello de Allariz presentan a nova edición do proxecto Democratización do Coñecemento, dirixido á poboación maior de 50 anos. A iniciativa promove o envellecemento activo e o acceso a formacións enriquecedoras en catro áreas clave: a ciencia no día a día, o impacto das artes nas emocións, competenicas socio-sanitarias para un envellecemento saudable e o exercicio intelectual para mellorar a calidade de vida.
O primeiro dos seminarios desenvolverase o 23 de abril baixo o título ‘A Soidade Non Desexada’, impartido por Isabel Ferreiro González, profesora da Universidade de Vigo, que analizará asuntos relacionados coa soidade e explorará estratexias para xestionala de forma positiva.
As persoas interesadas en anotarse poderán facelo no Fogar dos Maiores de Allariz, no teléfono 988 550 459.