A UVigo leva a Allariz os seminarios do programa 'Mareas de Coñecemento'
OurenseXa
O programa, dirixido á población adulta, pretende favorecer a incorporación á vida universitaria a través de programas de formación paralelos ás ensinanzas regradas
Programa para maiores da UVigo
20 Maio 2024
A Universidade de Vigo organiza os próximos 23 de maio e 6 de xuño os segundos seminarios do Programa Universitario de Maiores 'Mareas de coñecemento', titulados 'Supervivencia en Material Fiscal'.
O Programa para maiores forma parte dos programas de formación permanente da UVigo e trátase dun proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, teñan ou non titulación, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais. Este proxecto educativo dirixido á poboación adulta pretende favorecer a súa incorporación á vida universitaria a través de programas de formación paralelos ás ensinanzas regradas.
O obxectivo destas formacións é facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento persoal e social a través dunha oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, se atopen en idade inhabitual para as tarefas académicas.
Os seminarios terán lugar no local da A.A.V.V. de Vilaboa e as inscricións, que poden solicitarse a través do teléfono 988 554 059, serán de carácter gratuito.