A veciñanza de Allariz desprazouse a Lugo para festexar as VII 'Semanas dos Maiores'

OurenseXa
As VII 'Semanas dos Maiores' chegaron este venres ao seu fin cunha cea popular para poñer en valor o recoñecemento por parte de toda a sociedade cara as persoas maiores
A veciñanza de Allariz nunha viita á cidade de Lugo
A veciñanza de Allariz nunha visita á cidade de Lugo
12 Out 2024

As VII 'Semanas dos Maiores' regresaron este outubro a Allariz baixo o lema 'Tempo de goce!', unha iniciativa que a través de diversas propostas e actividades nas que se contemplan as diferentes dimensións do envellecemento activo, poñen en valor o recoñecemento por parte de toda a sociedade cara as persoas maiores.

Organizadas polo Concello de Allariz a través da Concellería de Benestar Social, o seu fin é reivindicar que as persoas maiores non só contan, senón que tamén contribúen e achegan valor, subliñando o seu papel activo e a súa participación na vida comunitaria.

As actividades arrancaron o 30 de setembro cunha andaina, e continuaron o 2 de outubro cun obradoiro titulado 'A que tivo retivo! A sexualidade en mulleres maiores 'A que tivo retivo! A sexualidade en mulleres maiores'. O 8 de outubro, un grupo de máis de 50 veciños e veciñas visitaron a cidade de Lugo, onde viviron unha xornada de convivencia e diversión, paseando pola Muralla e visitando algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade.

Este venres, 11 de outubro, as celebracións chegaron ao seu fin cunha cea e unha verbena que despediron ata o ano que vén estas semanas dedicadas ao recoñecemento e posta en valor da vila de Allariz.

0.088865041732788