A veciñanza de Peliquín mobilízase contra a construción dunha pasarela no paso a nivel
A veciñanza de Peliquín chegaba esta mañá as portas do Concello de Ourense, coincidindo coa celebración do Pleno ordinario do mes de setembro, para protestar contra a decisión de ADIF de instalar unha pasarela no paso a nivel de Peliquín.
En concreto, ADIF eliminará o paso actual e instalará unha pasarela elevada sobre as vías do tren. A nova estrutura situaríase a 400 metros do paso actual, e tería unha altura de ata sete metros o que, segundo denuncian as veciñas e veciños, deixaraos totalmente illados. Por iso, piden que se leve a cabo unha alternativa que consistiría nun paso soterrado tanto para peóns como para vehículos.
A veciñanza acusa ademais ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome de non opoñerse ao proxecto e piden que di. O alcalde de Ourense, sen embargo, asegura que o tema non ten que ver co Concello e terminou por expulsar á veciña do Salón de Plenos.
Desde a Asociación de Veciños e Veciñas de Peliquín piden colaboración cidadá para intentar frear o proxecto e convocan unha nova mobilización para o vindeiro xoves, 12 de setembro, ás 11.00 horas diante da subdelegación do Goberno de Ourense.