A veciñanza de Pena Trevinca xa advertira dun posible risco de afundimento do firme

OurenseXa
Na xunta de área deste martes, o concelleiro de urbanismo negou o risco de afundimento maila que horas despois quedou patente que o buraco supoñía un risco real para os condutores
fochanca-pena-trevinca
28 Jan 2026

O Grupo Municipal Socialista levou este martes á Xunta de Área de Urbanismo a situación do firme da rúa Peña Trevinca, tras recibir queixas dos veciños e veciñas da zona, que advertían do mal estado do asfalto e dun posible risco de afundimento. Un feito que precisamente, producíase este martes, cando unha gran fochanca obrigou a cortar totalmente a rúa, unha das máis transitadas da cidade, tras afundirse por completo o fime.

Porén, denuncian os socialisas, a resposta dada onte polo concelleiro de Urbanismo, Fran Lorenzo, foi negar calquera risco de afundimento, asegurando que o Concello estaba a realizar un simple “repise” esa
mesma mañá. Unha afirmación que quedou en entredito ao longo do día, cando se puido comprobar que a actuación municipal era moito máis profunda do que se pretendía facer crer, confirmando así que existía un risco real no firme da rúa.
Unha respsta que dende o PSOE consideran “resposta improvisada e pouco rigorosa por parte do goberno municipal ante un problema de seguridade viaria que afecta directamente á veciñanza”.

A maiores, na mesma rúa Peña Trevinca, no entorno do colexio Irmáns Villar, o grupo socialista preguntou polas actuacións que se están a levar a cabo no marco das obras da Xunta de Galicia, denunciando situacións como a eliminación de árbores, o asfaltado de alcorques e o perigo para os peóns, especialmente no paso de peóns provisional situado a carón do centro educativo.

Neste caso, a resposta do goberno municipal, explican, foi derivar toda a responsabilidade na Xunta de Galicia, asegurando que non van realizar ningunha actuación ao respecto. Así o trasladaron tamén por escrito no día de hoxe.

Ante esta postura, o Grupo Municipal Socialista esixiu os informes que acrediten que o Concello comunicou formalmente estas incidencias á Xunta. A resposta foi que non existen informes escritos e que as advertencias se fixeron unicamente de maneira verbal por parte dos técnicos municipais aos operarios da obra.

Por todo anterior, o Gurpo Municipal Socialista denuncia a “inacción total do goberno municipal e a súa absoluta falta de asunción de responsabilidades, especialmente nunha zona sensible como é o entorno dun colexio”.

⚙ Configurar cookies
0.084500074386597