A VI Subida a Taboadela presenta o seu cartel oficial

A Escudería Taboadela vén de presentar o cartel oficial da VI Subida a Taboadela, que se disputará os días 22, 23 e 24 de agosto de 2025. A proba, xa consolidada no calendario deportivo galego, forma parte do Campionato de Galicia de Montaña e tamén do circuito internacional de Montealegre.
Nesta edición, o cartel ten como protagonista a un dos referentes locais do motor: o piloto Yelco Álvarez, que tamén é patrocinador da carreira. Faino acompañado do seu vehículo, o Forwin TC5F, co que volverá competir diante da súa afección.
A organización traballa para que a VI Subida a Taboadela volva ser unha das citas máis destacadas para os afeccionados ao automovilismo na provincia.