A X edición da Castro Trail reuniu a 400 corredores en Barbadás

OurenseXa
Os participantes percorreron algunhas das paisaxes máis senlleiras de Barbadás como as carballeiras de Santa Uxía e San Bieito, así coma sendeiros tradicionais e miradoiros
castro-trail-barbaadas
26 May 2025

Barbadás celebrou este domingo unha nova edición da Castro Trail, unha das citas máis esperadas desta disciplina deportiva en Galicia e que este ano celebrou o seu décimo aniversario dentro das probas do Campionato Xunta de Galicia por equipos da Federación Galega de Atletismo.

A Castro Trail contou con tres categorías: un percorrido longo de 28 quilómetros), un percorrido medio de 14 quilómetros) e pequeno de 9 quilómetros). Os participantes percorreron nestas probas algunhas das paisaxes máis senlleiras de Barbadás como as carballeiras de Santa Uxía e San Bieito, así coma sendeiros tradicionais e miradoiros.

Algúns dos mellores corredores e corredoras de Galicia, tanto por equipos como a nivel individual, participaron nesta cita de deporte e natureza que permitiu aos asistentes gozar da beleza paisaxística que ofrece este concello.

⚙ Configurar cookies
0.17567110061646