A XI Carreira Pedestre do Nadal de San Cibrao das Viñas bate récord de inscricións

A XI Carreira Pedestre do Nadal de San Cibrao das Viñas, que terá lugar o vindeiro 15 de decembro, logrou esgotar todas as prazas antes da data de peche das inscricións.
Desde o Concello destacan o enorme éxito nas categorías de Escolares e Pitufos, onde batemos récords de participación.
A cita contará con tres categorías diferentes para que poidan participar persoas de todas as idades. A categoría absoluta contará cun percorrido de 10 quilómetros, enfocado a persoas adultas. Pola súa banda, a categoría escolares percorrerá 2 quilómetros e a categoría pitufos contará cun percorrido de 100 metros, para os máis pequenos da vila.