A Xunta de Goberno de Ourense abordou este mediodía 19 expedientes presentados polos diferentes servizos municipais
A Xunta de Goberno Local abordou este mediodía 19 expedientes presentados polos diferentes servizos municipais
No Servizo de licenzas urbanísticas tratáronse 3 asuntos: unha demolición dunha granxa, a instalación dun ascensor nun edificio na rúa Guizamonde e a innecesariedade de licenza urbanística de segregación de parcela.
A Avogacía Consistorial, deu conta de 2 sentenzas e 4emprazamentos recibidos para que o Concello compareza perante os xulgados do Contencioso Administrativo número 1 e 2 de Ourense en diferentes procedementos abreviados.
No Servizo de Patrimonio, atendéronse 7 reclamacións de responsabilidade patrimonial por diferentes danos e lesións e 1 solicitude de baixa do inventario dun terreo.
No Servizo de Contratación apróbase o expediente para o alleamento de seis vehículos do parque móbil do Concello de Ourense.