A Xunta de Goberno Local aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

OurenseXa
A sesión ordinaria desta semana desencolveuse este mediodía no salón de plenos do Concello
xunta_goberno_ourense
Xunta de Goberno Local, Concello de Ourense
29 Feb 2024

A Xunta de Goberno Local aprobou 22 acordos, na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos do Concello.

  • Conceder a licenza de obra en vía de legalización e obras maiores de remate de reforma dunha vivenda unifamiliar, no camiño do Balneario, e denegar a licenza de obra para o proxecto técnico de adaptación dun local
  • Tomar coñecemento do informe de ponderación dos intereses locais afectados da Concellería Delegada de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo de data 22 de febreiro de 2024, sobre o Proxecto básico de construción do novo Centro de Saúde Novoa Santos en Ourense, presentado pola Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, que se asume nos seus propios termos, debendo procederse dacordo co indicado no mesmo, ós efectos do previsto na Lei de Galicia 3/2016. Este informe é un trámite necesario e supón un paso adiante para continuar coa tramitación do proxecto presentado polo Sergas.
  • Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos nun vehículo por unha focha, xa que non concorren os requisitos que dan dereito a unha indemnización
  • Acordar a segunda prórroga, por 1 ano, do contrato do servizo de mantemento da caseta de control da calidade do aire do Concello
  • Recoñecer a favor do Xulgado do Contencioso número 1 cantidades derivadas da execución definitiva dun procedemento abreviado.
  • Recoñecer unha obriga en concepto de alugueiro de locais da área social do Concello
  • Aprobar un expediente para liberar crédito dispoñible e recoñecer unha obriga a favor dunha mercantil en execución dunha sentenza.
  • Aprobar unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2023 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio,
  • A Xunta de Goberno deu conta de 3 sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, unha do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e  tomou coñecemento de que o Concello foi emprazado a comparecer diante dos xulgados do Contencioso Administrativo e do Social en 8 procedementos ordinarios ou abreviados.
0.044198989868164