A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aproba unha modificación orzamentaria de 5,9 millóns

OurenseXa
A proposta, que será levada ao pleno, destinarase principalmente ao pagamento de facturas
Concello de Ourense
24 Sep 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou en sesión extraordinaria e urxente, o proxecto de modificación orzamentaria 4P/2025. O plan ascende a 5.896.058,71 euros, que se destinarán principalmente ao pagamento de facturas incluídas na conta 413.

A proposta financiarase integramente con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais. Tras a aprobación da Xunta de Goberno, o proxecto será presentado ao Pleno municipal, que deberá decidir se procede á súa aprobación provisional.

⚙ Configurar cookies
0.10130214691162