A Xunta e Concello da Merca abordan vías de claboración en materia de vivenda e urbanismo

OurenseXa
Nun encontro entre a conselleira de Vivenda e o alcalde da Merca, ambas institucións abordaron diferentes actuacións de interese para o municipio
reunion-xunta-vivenda-a-merca
21 Jan 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue mantivo esta mañá na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense unha reunión de traballo co alcalde da Merca, José Manuel Garrido, para avanzar en novas vías de colaboración entre ambas institucións. Na xuntanza tamén participou Pilar Fernández León, directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense.

Durante o encontro abordáronse diferentes actuacións de interese para o municipio, centradas principalmente nos ámbitos de vivenda e urbanismo. Esta reunión, salientou Allegue, reflicte o compromiso do Goberno galego de seguir colaborando cos concellos para desenvolver proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños, impulsen a competitividade económica e axuden a fixar poboación no medio rural.

⚙ Configurar cookies
0.082335948944092