A Xunta entrega unha nova vivenda de promoción pública en A Merca

OurenseXa
No Concello da Merca existen outras 16 vivendas de promoción pública que foron adxudicadas por parte da Xunta
A Xunta entrega unha nova vivenda de promoción pública no Concello de A Merca
18 Xuño 2024

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, entregou esta mañá aos seus adxudicatarios unha vivenda de promoción pública construída polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en Parderrubias, no concello da Merca. A conselleira estivo acompañada polo alcalde de A Merca, Manuel Garrido Sampedro, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Trátase dunha vivenda unifamiliar, que foi adquirida e rehabilitada pola Xunta de Galicia e que consta de planta baixa e primeiro andar, cun patio de acceso.

A superficie útil total da vivenda é de 91,56 m2, máis un garaxe de 19,54 m2 e un rocho de 7,32 m2 .

Na planta baixa sitúase a cociña-comedor, un lavadoiro, un aseo, e os anexos citados anteriormente, é dicir, o rocho e o garaxe. No primeiro andar dispóñense tres dormitorios, o salón e un baño.

A vivenda entregouse despois de realizar obras de mellora,  por importe de 15.000 euros, posto que xa fora adxudicada anteriormente a outros beneficiarios que habitaron na mesma durante anos. Unha vez recuperada a vivenda, a Xunta realizou actuacións de adecuación da mesma, consistente fundamental en pintura de paredes e carpinterías e substitución da caldeira por outra máis eficiente

A adxudicación da vivenda foi realizada a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, tal como estable a normativa vixente

Cómpre lembrar que no Concello da Merca existen outras 16 vivendas de promoción pública, que foron adxudicadas por parte da Xunta.

 

0.0853431224823