A UDO terá que xogar fóra da casa este domingo ante o estado do Estadio do Couto

OurenseXa
O equipo viuse obrigado a trasladar o partido a Coles polo mal estado do céspede do campo do Couto
peña-udo-denuncias-estadio-do-couto
5 Feb 2026

A Unión Deportiva Ourense non xogará este domingo no Couto tras a nova prohibición da Xunta de Galicia de xogar o partido no seu campo habitual, debido ao estado do céspede tras o tren de borrascas que afecta á provincia.

A xunta pormetera ao equipo ter arranxado o césped antes do enfrontamento contra o Coruxo FC que, finalmente, desputarase no Campo de Albán, en Coles.

O clube lamenta novamente os prazos nos que se comunica esta decisión, a escasos catro días da celebración da actividade deportiva, logo de ter recibido un compromiso por escrito de que a xornada 22 xogaríase no estadio anunciado e obrigando ao conxunto a buscar unha solución a última hora.

⚙ Configurar cookies
0.083560943603516