A Xunta investirá máis de 3 millóns de euros para o impulso do Campus Auga

O Consello da Xunta de Galicia deu luz verde á aprobación dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense por un importe superior a 3,2 millóns de euros e que se estenderá ata 2027.
A Xunta e a UVigo avanzan así na especialización do Campus Auga, que conseguiu acreditación como campus de especialización para o período 2024-2026.
A inversión está principalmente destinada a potenciar a oferta formativa, a empregabilidade e a internacionalización, á investigación para fortalecer a captación de talento, á transferencia e innovación, e á gobernanza.