A Xunta vén de recibir o documento do novo PXOM de Ourense

OurenseXa
Así o confirmou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, que asegura que xa están a traballar na emisión do informe previo
Ourense-casco-hitorico-recurso
19 Mar 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, confirmou este martes que a Xunta de Galicia vén de recibir o documento do novo PXOM de Ourense, para a emisión do informe previo á súa posterior aprobación definitiva por parte do Concello.

Dende a Xunta de Galicia analizarase a documentación e realizaranse os requirimentos, que no seu caso sexan precisos, e que serán comunicados proximamente. Allegue destacou "que os técnicos da consellería xa están a analizar a documentación para poder remitir ao concello ourensán o antes posible".

⚙ Configurar cookies
0.062652111053467