A xustiza suspende cautelarmente o desaloxo dos comerciantes da Alameda, que deberán pagar un canon

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense suspende cautelarmente o desaloxo dos comerciantes da Alameda, pero establece que
que establece que a mercantil Comerciantes Asociados do Mercado de deberán realizar un pagamento económico inmediato se quere manter a súa presenza neste espaço.
O xuíz recoñece que “non é desexable que se siga producindo de forma indefinida a ocupación gratuíta” dun espazo público de uso común. Por iso, o tribunal establece que os comerciantes deberán consignar nun prazo de dez días o importe do canon actualizado máis un recargo do 50%.
O auto deixa claro que, sen este pagamento, a medida cautelar deixará de aplicarse e o Concello poderá proceder ao desafiuzamento inmediato. A xustiza tamén recoñece que a permanencia dos postos impide o uso xeral do parque e que o Concello ten dereito a ser compensado economicamente por este uso privativo.
Segundo o Goberno local, a resolución xudicial pon fin á situación de “gratuidade” da que gozaba a asociación e garante que, no seu caso, as arcas municipais recibirán unha compensación pola ocupación da Alameda. Ademais, o auto sinala expresamente a posibilidade de resolver o contrato por outros medios, mantendo a obrigación da mercantil de efectuar o traslado no prazo indicado.
Pola súa banda, dende o Gurpo Municipal socialista expresan o seu apoio aos praceiros e praceiras da Praza de Abastos e aseguran “esta decisión xudicial confirma o que as socialistas levamos meses defendendo: non se pode obrigar a traballar nun edificio sen rematar, sen garantías e sen condicións mínimas, xogando co sustento de familias enteiras”.
O grupo socialista lembra que desde o inicio estiveron “ao lado das praceiras e praceiros: defendendo que non pode haber traslados forzosos a instalacións inacabadas, esixindo diálogo real e solucións pactadas e reclamando que as administracións deixen de facer anuncios e fotos e asuman responsabilidades”.
Ademais, afirman que para o seu partido, “a Praza de Abastos é moito máis ca unha obra: é emprego, é comercio de proximidade e é cidade viva. Hoxe a xustiza puxo freo ao despropósito. Agora toca facer o que nunca se debería ter deixado de facer: escoitar, respectar e rematar ben as cousas. As socialistas seguiremos estando onde sempre estivemos: cos dereitos da veciñanza”.